SISTEMAS Soporte UnoSolucións eficaces para os seus problemas informáticos
A oferta de mantementos “Soporte Uno” de Canon é flexíbel e adáptase aos requerimentos e necesidades de traballo de cada cliente. Grazas ás modalidades existentes podemos garantir o correcto funcionamento do seu Sistema Informático en todos os apartados (hardware e software).
Cun único teléfono de contacto vostede recibirá a asistencia que precise en cada intre para solucionar os seus problemas informáticos e, ademais, contará cun Equipo Técnico e Comercial que lle proporcionará asesoramento personalizado e lle axudará a mellorar os seus procesos internos para rendibilizar o seu investimento.
Mantemento “infoSoporte-5”
Este contrato está pensado para aqueles que necesitan contar cun profesional da Informática que lle solucione os atrancos que se presentan no uso habitual dos ordenadores. Ofrécese baixo cinco modalidades: BASIC, PRO, EDU, AULA e NOTEBOOK, para axeitar perfectamente as prestacións e o custo ao tipo de instalación e ás necesidades de cada Cliente.
- Soporte a equipos Windows, MacOS e GNU/Linux.
- Análisis preventivo e seguemento para a incorporación de melloras en hardware e software.
- Instrución do operador en técnicas básicas de traballo e utilización do equipo.
- Atención presencial e remota para a resolución de problemas.
- Asesoría Técnica Pre-Venda para instalación/actualización de hardware e software.
- Consultoría sobre métodos e procedementos informáticos.
- Análisis e optimización de sistemas. Comunicacións. Internet.
Exclúense explicitamente desta modalidade de mantemento as pezas necesarias para efectuar reparacións fóra de Garantía.
Mantemento “infoIntegral-5”
Ofrécese para aqueles clientes que desexen ter unha cobertura total hardware-software. Inclúe as mesmas prestacións que “infoSoporte-5” e, ademais:
- Reparación/substitución (sen cargo) de compoñentes avariados dos equipos informáticos.
 Documentos relacionados:
Explicación coberturas SoporteUNO-2011
Táboa comparativa modalidades infoSoporte-2011
[voltar] [imprimir] [enviar a un amigo...]
|