SISTEMAS Pack's de Asistencia Técnica AvanzadaAsistencia de segundo nivel para empresas e organizacións con Responsábel de Informática propio
Canon Ourense ofrece unha nova modalidade de soporte Técnico para aqueles clientes que xa contan cunha persoa dentro da súa empresa que é capaz de resolver pequenas incidencias mais que precisa axuda externa ou asesoramento para solventar problemas máis complexos ou avarías graves de hardware. Para estes casos nós temos a peza de soporte que encaixa na súa organización: os Pack's de horas de Asistencia pre-pago.
Características:
- Os pack's abónanse por anticipado (pre-pago) e dan dereito ao acceso ás prestacións dun Mantemento infoSoporte-5 PRO para calquera equipo designado polo cliente.
- A resolución de calquera incidencia Técnica suporá o desconto inmediato do tempo investido na mesma do saldo xeral a disposición do Cliente nese intre.
- As consultas remotas (telefónicas, email, etc.), cun tempo de resolución inferior a 10m, non suporán diminución no saldo xeral de horas do cliente.
- As asistencias 'in-situ' conlevarán unha penalización de tempo en concepto de "desprazamento" que se incrementará automaticamente ao tempo real de resolución da incidencia segundo un baremo pre-establecido.
- Os pack's non terán data de caducidade.
Vantaxes para o Responsábel da Informática:
- Respaldo dun Servizo Técnico Avanzado para resolución de problemas e incidencias.
- Acceso ao soporte para dúbidas e consultas sen custo.
- Comunicación periódica de noticias de interés, novidades e boletíns de actualidade.
- Tratamento ecolóxico de residuos de dispositivos de rede.
Vantaxes para o Responsábel de Administración:
- Acceso ás prestacións dun soporte Profesional cuns custos controlados independentes do número de equipos informáticos.
- Sistema de facturación moi favorábel que proporciona un desconto significativo nos prezos da M.O.
- Desconto do 20% na adquisición de equipamento de rede.
 Documentos relacionados:
Folleto comercial explicación Pack´s ADV
[volver] [imprimir] [enviar a un amigo...]
| | |