Asistencia Técnica

Canon Ourense facilítache o mantemento e soporte para os teus equipos informáticos e periféricos de rede.

Se estás á procura de drivers diríxete á páxina de referencia de Canon Europa onde poderás atopar todo o software publicado para máquinas Canon organizado por categorías e plataformas.

Departamento Técnico

O Departamento Técnico dalle solucións aos teus equipos de Reprografía e Periféricos: impresoras, copiadoras, fax, multifunción, etc. Se tés algunha avaría, consulta ou calquera incidencia ponte en contacto con nós nos teléfonos e horarios indicados no cadro da dereita, e os nosos técnicos daránche a resposta acaída ao teu problema.

Departamento de Sistemas

Sistemas da soporte aos teus equipos informáticos: servidores, pc's, dispositivos de rede, etc. Se tés algunha avaría, consulta ou calquera incidencia ponte en contacto con nós nos teléfonos e horarios indicados no cadro da dereita.

Se tés contratada algunha modalidade de mantemento infoSoporte podes ter acceso ao Soporte Remoto seguindo as indicacións dos nosos informáticos.



Condicións do servizo de Asistencia Técnica Remota


No noso obxectivo diario por mellorar o nivel de servizos ofrecidos aos nosos clientes, incorporamos a posibilidade de conectar remotamente cun especialista informático para resolver rapidamente incidencias de software.

Todas as sesións de control remoto utilizan unha encriptación punto a punto AES (Advanced Encryption Services) de 256 bits. As estrictas medidas implementadas impiden o acceso aos datos, programas e sistemas ás persoas non autorizadas. O funcionamento é totalmente transparente para o usuario e non precisas abrir portos nin mudar a túa configuración de rede ou firewall.

En caso de dúbida sobre este servizo podes poñerte en contacto con nós e gustosamente clarexaremos calquera cuestión.

Moitas grazas!

 
Horarios
Atención Técnica e Comercial:
Inverno: Luns-Venres
* 8:45-13:30h
* 16:00-19:45h
Vrao: Luns-Venres
* 8:00h-14:30h
* Gardas: 17:00h-20:00h

Recepción de pedidos:
Luns-Venres
8:45h - 18:00h

Tlf: 988 233 952
Fax: 988 231 414
 
Live chat